Homesociedade119 casos activos na Mariña no primeiro día de peche

119 casos activos na Mariña no primeiro día de peche

Segundo o reconto das probas realizadas nesta mesma mañá confírmanse 22 casos máis e déronse 9 altas o que fai un total de 119 infectados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Mariña conta no seu primeiro día de peche, segundo datos da Consellería de Sanidade, con 119 casos activos de Covid19. Segundo o reconto das probas realizadas nesta mesma mañá confírmanse 22 casos máis e déronse 9 altas o que fai un total de 119 infectados.

Segundo expuxo o xerente da área sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte, Ramón Ares, os “22 casos novos” detectados teñen todos “relación directa” co brote, polo que o Sergas seguirá “coa estratexia” da “busca activa de casos e de análise dos contactos, o máis precozmente posible, para cortar a cadea de transmisión”.

Evasión de responsabilidades da Xunta

A normativa que regula o peche da Mariña, decisión tomada pola Xunta de Galicia tras aumentar o número de positivos de coronavirus na bisbarra ata alcanzar os 99 casos, establece que “a vixilancia, inspección e control do cumprimento das medidas de prevención que se recollen nesta orde, e a garantía dos dereitos e deberes sanitarios, corresponderán aos Concellos”. O Executivo autonómico responsabiliza así do cumprimento da normativa aos gobernos locais, que acusaron ao Goberno galego de “evasión de responsabilidades”. Toda a información no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...