HomesociedadeSuspendida a Feira Guímara da Pobra do Brollón

Suspendida a Feira Guímara da Pobra do Brollón

A Feira Guímara, que conmemora a revolta dos habitantes da Pobra do Brollón contra o Conde de Lemos, adoita reunir a numerosos asistentes, tanto do municipio como doutros concellos próximos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A feira medieval normalmente celébrase a segunda fin de semana de xullo, pero este ano non é posible. ‘É unha decisión que tomamos con moita tristura xa que somos conscientes da popularidade deste evento entre os nosos veciños e veciñas’ comenta o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. ‘Pero consideramos que na actual situación sanitaria a celebración da feira é inviable e suporía un risco innecesario,’ declara.

O goberno municipal tomou a decisión de suspender o evento nos primeiros momentos do estado de alarma xa que, pola natureza das actividades da feira, sería moi difícil garantir as medidas de seguridade e prevención necesarias. Ademais, a paralización da actividade durante o estado de alarma supuxo dispor de tempo insuficiente para a organización da edición deste ano.

‘Esperamos o ano próximo retomar a feira con renovadas forzas. Somos guímaros e guímaras… sairemos adiante!’, declara Mónica Rodríguez, concelleira de eventos da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...