HomeSucesosAparatoso incendio na Casa da Música de Chantada

Aparatoso incendio na Casa da Música de Chantada

O lume declarouse este pasado venres en Chantada e os bombeiros conseguiron controlalo sobre as 20:45 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este pasado venres, 10 de xullo, un lume queimou o teito de madeira e unhas escaleiras exteriores da parte de arriba da Casa da Música de Chantada.

Segundo informaba a Policía Local, o lume afectou ao exterior do inmoble e a uns laterais de aluminio, aínda que todo indica que non se rexistraron danos aparentes no interior do edificio.

Lume no teito da Casa da Música / foto dun veciño de Chantada

O incendio declarouse ao redor das 19:30 h. e os bombeiros conseguiron extinguir o lume sobre as 20,45 horas despois de arrefriar a zona.

A Policía Local explica que este domingo celebraranse as eleccións autonómicas no auditorio municipal, edificio contiguo á Casa da Música –xa que se entra pola mesma porta–, pero non prevén problemas para o seu uso.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...