HomesociedadePrimeira cata nocturna na Ribeira Sacra

Primeira cata nocturna na Ribeira Sacra

EDV 2015 S.L. celebra este sábado, 18 de xullo, cata-degustación nocturna destinada a mulleres. A primeira adega da D.O. Ribeira Sacra en facer a vendima nocturna no 2018 e repetir experiencia no 2019 para o seu Godello é agora a primeira en celebrar cata nocturna.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita que propoñen este sábado será una mestura de historia, música, lume, sensibilidade, aromas e viño na que se lle quere dar un protagonismo especial á muller. Por iso en colaboración co Centro de Información á Muller de Quiroga esta primeira cata nocturna ten como destinatarias ás mulleres.

A saída será ás 21.00 da casa da cultura de Quiroga para unha vez en Margaride participar dunha visita guiada polo pasado romano da contorna. Cando caia a noite, a iluminación das fachas guiará ás participantes por una fermoso sendeiro ata o escenario da cata, nunha das viñas da adega.

A novidosa proposta de EDV 2015 completarase coa cata degustación por conta das dúas xeracións da adega na que non faltará a música en directo e o ambiente da viña iluminada polas fachas. Para participar é necesario inscribirse no teléfono 982 43 89 51 ou no 982 42 80 01. Sendo este xoves, 16 de xullo, o último día.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...