HomesociedadeA colleita na D.O. Ribeira Sacra roldará os 5 millóns de quilos

A colleita na D.O. Ribeira Sacra roldará os 5 millóns de quilos

Na pasada vendima a D.O. recollía 7.262.831 quilos, a previsión para esta campaña é roldar os 5 millóns de quilos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois dun ano extraordinario, o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, confirma que a colleita desta campaña será sensiblemente inferior en volume á da pasada vedima.

Segundo explicou a EFE será mesmo máis baixa do normal, porque “se situará ao redor dos cinco millóns de quilos”, cando o habitual é que se mova sobre “os seis millóns”. “A do ano pasado foi unha colleita extraordinariamente abundante”, dixo Rodríguez, pero a deste ano será “pequena”, mesmo por baixo “do que é normal”.

En todo caso, confía en que a calidade da uva, se o tempo mantense estable, sexa boa. De feito, confirmou que o tempo estable do último mes permitiu que os viticultores controlasen sen maiores problemas os brotes de fungos que preocupaban en varias zonas da Denominación hai algunhas semanas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...