HomesociedadeVinigalicia apoiando a investigación sobre a Covid19

Vinigalicia apoiando a investigación sobre a Covid19

A familia adegueira Vinigalicia doa 18.000 euros á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica que lidera un estudo a nivel mundial sobre a COVID-19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Vinigalicia destina o 3% das vendas en supermercados durante o estado de alarma a investigación. Juan Luís Méndez Vermello, CEO de Vinigalicia e Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal, investigador experto internacional en xenética e director de grupo de Medicina Xenómica da USC e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica do Sergas celebraron en Santiago unha xuntanza na que Juan Luis Méndez coñeceu as instalacións da Fundación e o traballo dos diferentes grupos de investigación activos que contan con máis de 150 membros e plataformas tecnolóxicas de última xeración. “O traballo que fan é dun valor incalculable e debemos ser solidarios tomando conciencia sobre a importancia da doazón no ámbito da empresa privada como levan facendo durante décadas noutros países. É un compromiso que debemos asumir, non só nas circunstancias actuais se non no futuro e, a nosa empresa comprométese a iso.” -afirma Juan Luís Méndez.

A doazón foi posible grazas a todas as persoas que durante o estado de alarma continuaron cos seus hábitos de consumo e incluíron referencias Vinigalicia nos seus carriños da compra a través de marcas como Vía Romana, Verdes Castros, Brincos Premium, Doa Luci, Cumio ou María Castaña entre outros.

O profesor, Ángel Carracedo une ao seu labor investigador o seu traballo docente como catedrático de Medicina Legal na facultade de Medicina e Odontoloxía da USC. Foi pioneiro na introdución de novas tecnoloxías para a identificación forense mediante a xenética molecular en casos famosos como o crime de Alcáser, o 11- M ou na identificación das vítimas do tsunami do sueste de Asia. Foi presidente da Sociedade Internacional de Xenética Forense e na actualidade é presidente da Academia Internacional de Medicina Legal, presidente as Fundacións Kaertor e Ingada e membro do comité de dirección doutras moitas sociedades científicas e consellos asesores de centros e organismos nacionais e internacionais.

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...