HomeTerra de LemossanidadeA falta de fisioterapeutas en Chantada segue suscitando polémica

A falta de fisioterapeutas en Chantada segue suscitando polémica

O Grupo socialista de Chantada denuncia que o servizo de fisioterapeuta tampouco está dispoñible no Centro de Día da vila.

Publicado o

- Advertisement -

Como xa informou o XdL , os recortes en materia de sanidade por parte do Sergas, están ocasionando grandes problemas na contorna de Chantada.

Dende a agrupación socialista de Chantada denuncian que o servizo de fisioterapeuta tampouco está dispoñible no Centro de Día da vila. Este feito é considerado de máxima gravidade dende a súa organización posto que neste tipo de centro a súa prioridade son os coidados específicos dos seus usuarios; tanto é así que eles mesmos o califican como “case imprescindibles á nosa idade e cos nosos achaques”.

Se esta situación é grave, aínda o é máis que os doentes seguen a pagar as mesmas cantidades que cando se prestaba este servizo, e tamén contías semellantes ás que se requiren noutros centros desta natureza en concellos próximos, pero coa salvidade de que eles non reciben atención fisioterapéutica.

Polo tanto, dende o PSOE Chantada esíxenlle á Xunta de Galicia que repoña de xeito inmediato o posto de fisioterapeuta. Esta demanda foi levada a pleno municipal o pasado día 9 de xullo onde toda a corporación municipal amosou o seu rexeitamento unánime.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...