HomeCultura25.000 da Deputación para o Festival 17º Ribeira Sacra

25.000 da Deputación para o Festival 17º Ribeira Sacra

A deputada García Porto destacou que o Festival 17º Ribeira Sacra, que se celebra desde este venres 31 ata o domingo “é un referente no panorama musical galego porque trae á nosa provincia artistas de renome que conforman un cartel único, de excelencia e calidade”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como nas pasadas edicións, o Festival ofrécelle ao público unha experiencia única combinando música e actividades en escenarios emblemáticos e enclaves naturais da contorna da Ribeira Sacra. Esta cuarta edición contará coa seguinte programación:

Venres, 31 de xullo

  • Ás 16:00 horas: apertura e punto de acreditación na bodega Regina Viarum.
  • Ás 18:00 horas: concerto sorpresa no catamarán de Ponte do Sil. 
  • Ás 21:00 horas: actuación de Cassete Pirata e Ele no escenario Fest Galicia situado na bodega Regina Viarum.

Sábado, 1 de agosto:

  • Ás 12:00 horas: concerto de Momboi no Eurostars do Pazo de Sober.
  • Ás 14:00 horas: actuación de Laura Lamontagne e Pico Amperio na bodega Regina Viarum.
  • Ás 17:00 horas: concerto da artista Elba e Best Boy, no escenario Momentos Alhambra situado no Mirador de Santiorxo.
  • Ás 21:00 horas: actuarán Os amigos dos músicos e Xoel López na bodega Regina Viarum. 

Domingo, 2 de agosto:

  • Ás 13:30 horas: concerto de Guadi Galego no escenario Momentos Alhambra situado nesta ocasión, na Praza de España de Chantada.

Nesta ocasión e seguindo coas recomendacións das autoridades sanitarias a causa da Covid-19, o Festival conta cun protocolo xeral de prevención e actuación elaborado por un equipo de profesionais. Co fin de garantir a seguridade de todos os asistentes establécese: o uso da máscara, hixiene de mans, carrís de circulación, distancias de seguridade, e limpeza de baños e espazos comúns. 

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...