HomesociedadeO 50 aniversario da ‘Noite Meiga” de Sarria quedará para 2021

O 50 aniversario da ‘Noite Meiga” de Sarria quedará para 2021

A Asociación Cultural Meigas e Trasgos vén de facer un comunicado público no que informa da suspensión desta tradicional celebración, festexo que este ano alcanzaba os 50 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Directiva barallaba organizar a Noite Meiga aínda que fose unha celebración máis recollida e íntima, con todas as medidas de seguridade, pero despois das últimas novidades sobre a Covid-19 consideran que o máis sensato é non celebrala e esperar ao 2021.

“Ninguén o lamenta máis que nós, pero Sarria merece que o 50 aniversario sexa celebrado cunha festa á súa altura e este ano non pode ser así. O noso pesar é profundo pero a nosa responsabilidade aínda o é máis, e non hai mellor vacina que o sentido común”, expresan dende a súa páxina de Facebook.

Así mesmo informan que as posibles actividades realizadas por O Meigallo -local situado nas súas instalación- durante esas datas, son totalmente alleas á Asociación Meigas e Trasgos e a responsabilidade de calquera posible celebración recaerá sobre os empresarios que xestionan dito local.

Cada último sábado de agosto a vila de Sarria celebra esta velada máxica no Parque do Chanto. Coa colaboración do concello, dende hai anos encárgase da organización a Asociación Cultural Meigas e Trasgos, unha entidade moi comprometida tamén co folclore e as diferentes manifestacións culturais do país.

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...