HomeEconomía"Bungalós made in Galicia" en Ribas de Sil

“Bungalós made in Galicia” en Ribas de Sil

O concello está a executar a segunda fase da construción do Xeocamping cun orzamento de 371.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Continúan os traballos para dotar ao camping de 8 bungalós realizados a partir da adaptación de contedores mariños reciclados. Veñen de ser entregados os dous primeiros que foron xa colocados no recinto, 6 serán construídos con 6 contedores grandes de 30 metros cadrados e os dous restantes estarán formados pola ensamblaxe de 2 contedores pequenos cunha superficie total de 36 metros cadrados e adaptados para discapacitados físicos.

As actuacións completaranse coa construción dunha piscina, un pequeno parque infantil, o acondicionamento de camiños ao acceso principal e 14 parcelas para tendas de campaña e autocaravanas. Así mesmo, os bungalós estarán completamente equipados co mobiliario necesario, cociñas, caldeiras de pellets e aire acondicionado polo que “o adxudicatario da xestión do camping non terá que facer unha gran inversión para poñelo a andar”, comenta Roberto Castro, tenente de alcalde de Ribas de Sil.

O xeocamping terá capacidade para 100 persoas aproximadamente pero dentro da parcela haberá unha superficie libre de máis de 2000 metros cadrados para posibles ampliacións no futuro. Ademais, dentro da mesma parcela estase a construír polo Obradoiro de Emprego “Montañas do Courel” o primeiro museo de Galicia dedicado á minaría romana aurífera (C.I.M.A.R.). 

O conxunto que formará o xeocamping lembrará en todo momento que estamos nun xeoparque ao estaren os bungalós tematizados; cada un deles levará o nome dun xeositio de relevancia dentro do territorio “Montañas do Courel”.

A empresa adxudicataria das obras é a quiroguesa Construcciones Goni SL e o  acondicionamento dos contedores correrá a cargo da empresa ourensana MYBOXEXPERIENCE.

Roberto Castro remata poñendo en valor a iniciativa deste concello da Comarca de Quiroga, e parte do Xeoparque Montañas do Courel, dada a “arriscada aposta por este innovador proxecto baseado na reciclaxe e que promove a xeración de postos de traballo dentro da nosa comunidade autónoma ao fabricar bungalós made in Galicia”.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra este 25 de outubro o QuiMedo con 8 casas do terror

A cita do terror pechou o prazo de inscricións unha vez se acadaron os 1.200...

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...