HomeMedio ambiente e PatrimonioPlan de Sustentabilidade Turística para impulsar os valores da Ribeira Sacra

Plan de Sustentabilidade Turística para impulsar os valores da Ribeira Sacra

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, explicou os detalles deste proxecto aos representantes do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, agarda que o futuro Plan de Sustentabilidade Turística permita impulsar os valores da Ribeira Sacra como destino verde ligado á aposta polo medioambiente e a paisaxe cultural. Fíxoo tras manter un encontro con representantes do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra no que expuxo os detalles desta iniciativa, na que colaborarán a Xunta o Goberno centra e as entidades locais e que ten por obxectivo reactivar esta industria da man de actuacións respectuosas desde o punto de vista socioeconómico, ambiental e territorial.

Román Rodríguez detallou que Galicia se comprometeu a coordinar esta acción e remitirlle ao Ministerio as propostas formuladas polos destinos que opten a esta iniciativa, que se desenvolverá nun período de tres anos e contará cun orzamento de 3 millóns de euros, que achegarán o Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais beneficiarias. As entidades locais serán as encargadas de elaborar a proposta de actuación que posteriormente valorará a Secretaría de Estado de Turismo.

A iniciativa componse de dúas vertentes, unha centrada en destinos xa consolidados, caracterizados por recibir unha gran afluencia de xente e que busquen reorientar o seu modelo turístico cara outros máis intelixentes e sustentables, e outra vertente, na que se encadraría a Ribeira Sacra, focalizada en destinos rurais ou de interior que ten por obxectivo poñer en valor aspectos como o patrimonio cultural ou medioambiental ou crear novos produtos turísticos baseados nas súas particularidades. 

Aposta polo patrimonio cultural

Segundo Román Rodríguez, a Ribeira Sacra cumpre con boa parte dos criterios específicos esixidos polo Goberno central para formar parte desta iniciativa ao tratarse dun territorio definido, que conforma unha marca turística diferenciada caracterizada pola súa paisaxe cultural, que encara a recta final para ser declarada Patrimonio da Humanidade no 2021. Precisamente, detallou que o feito de contar con espazos protexidos e recoñecidos pola UNESCO será un dos criterios que se terán en conta á hora de asignar os destinos que accedan ao Plan de Sustentabilidade Turística. 

Xuntanza Consorcio de Turismo R.S. e conselleiro / Consellería de Cultura e Turismo

Entre as actuacións que se financiarán no marco deste programa destaca a creación de novos produtos, a sinalización de recursos, actuacións de embelecemento de cascos históricos ou a aplicación de novas tecnoloxías para o seguimento da demanda turística. Neste sentido, Román Rodríguez insistiu en que esta proposta suporía un impulso para a posta en valor da Ribeira Sacra e a proxección turística da comarca. 

ÚLTIMAS

Complétase a renovación integral do Parque Eloísa Rivadulla de Chantada

A parte alta do Parque Eloísa Rivadulla dotouse de saneamento para a recollida de...

O Desfile da Confraría do Viño de Quiroga abre os actos da Feira do Viño

Baixo ameaza de chuvia uns minutos antes da unha do mediodía deste sábado os...

Quixós, terceiro posto na 2ª Copa galega de Promoción de Slálom

O encoro de Pontillón do Castro, en Verducido (Pontevedra), onde están as instalacións da...

O Ministerio de Transportes afrontará a remodelación do firme da N-540 tras a Semana Santa

O Goberno inviste preto de 11 millóns de euros na renovación integral do viario...