HomeCulturaA Ribeira Sacra soa no Círculo Saviñao a saxo e piano

A Ribeira Sacra soa no Círculo Saviñao a saxo e piano

O dúo formado polas profesoras de música Sara Méndez Arias, natural de Sober, e Ana Fernández Galloso, monfortina, ofreceu un concerto de saxo e e piano no Círculo Saviñao de Escairón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A saxofonista, Sara Méndez Arias, foi gañadora dun concurso de música contemporánea no Royal College of Music de Londres, onde cursou un máster de interpretación baixo a dirección do profesor Martin Robertson. Nacida en 1993 na parroquia de Proendos, Sara Méndez cursou tamén estudios na aula internacional de saxofón do Conservatorio Superior das Illas Baleares, onde se formou cos profesores Rodrigo Vila e David Brutti. Na actualidade é profesora de música nun centro de ensino medio.

Ana Fernández Galloso obtuvo o Grao Superior en Piano no Conservatorio Superior de Vigo (2015), onde estudiou con Arabel Moráguez e Nicasio Gradaille e no Conservatorium van Maastricht (2016), onde estudiou con Katia Veekmans. Asistiu a clases maxistrais con profesores como María Jesús Crespo, Rasa Biveiniene, Constantin Sandu, Giampaolo Nutti o María Szraiber. Participou en concertos no marco dos cursos ‘Bonporti Summer Piano_ Lab’ en Baselga dice Pinè (Italia) e ‘Piano Fórum’ en Vila Plaia de Ancla (Portugal), así como notras localidades e conservatorios de Galicia e Maastricht. Actualmente é profesora de conservatorio.

No concerto do Círculo Saviñao interpretaron un programa con dúas partes, unha primeira con obras clásicas e outra con adaptacións de música moderna, lixeira e tradicional galega. Concerto que o público disfrutou, valorou e aplaudiu, polo que a organización espera volver a velas actuar pronto no concello do Saviñao.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...