HomeSucesosIntervidos 17 quilos de plantas de marihuana en Quiroga

Intervidos 17 quilos de plantas de marihuana en Quiroga

A Garda Civil imputa en calidade de investigado no termo municipal de Quiroga (Lugo) a un veciño do concello de 57 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a saúde pública.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos meses de agosto e setembro a Garda Civil intensifica os labores de detección de plantacións de “Cannabis Xativa”, localizando unha plantación nos montes de Paradaseca (Quiroga) e ao xestor da mesma.

A persoa investigada supostamente é o titular e xestor da plantación, atendendo as plantas nos últimos meses, achándose estas en a fase final do cultivo cun peso total de 17 quilogramos. As plantas intervidas e a persoa investigada foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Monforte de Lemos (Lugo).

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...