HomesociedadeXa suma 28 casos activos o gromo de Monforte

Xa suma 28 casos activos o gromo de Monforte

O foco de coronavirus detectado nun edificio da rúa Duquesa de Alba de Monforte de Lemos pasou de 8 casos a 28 ao ir coñecendo este mércores os resultados das PCR realizadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Monforte suspendía as súas Festas Patronais e tomaba medidas para evitar situacións de aglomeracións de xente na cidade, pero sen festas a xente veu igual e as reunións familiares nas casas celebráronse, a xulgar pola cantidade de persoas que había na cidade, principalmente nos espazos máis céntricos.

O primeiro aviso dábase cun caso no Club Fluvial de Monforte a comezos de agosto e este martes, 18 de agosto, coñecíase a existencia dun foco de 8 casos activos nun edificio da rúa Duquesa de Alba, a que tradicionalmente fora a rúa da “movida” monfortina e que aínda hoxe concentra a maior parte dos locais de lecer nocturno da cidade.

Os primeiros 8 casos, hoxe xa son 28, despois de que a Consellería de Sanidade efectuase onte 70 probas PCR en relación con este brote. Seguiranse facendo probas e coñecendo resultados progresivamente o que fai pensar que os afectados non se quedarán nos 28 actuais. Máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...