HomesociedadeA provincia, segunda área sanitaria con máis casos de Covid19

A provincia, segunda área sanitaria con máis casos de Covid19

A provincia de Lugo conta con 321 casos activos de Covid19, 17 máis ca onte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os casos activos de COVID-19 en Galicia incrementáronse en 146 máis nas últimas horas, ata alcanzar os 2.452, segundo os datos actualizados que deu a coñecer este luns a Consellería de Sanidade, que tamén confirmou o aumento de pacientes hospitalizados, que pasa de 76 a 82. 12 pacientes con coronavirus están na UCI en Galcia.

Así, o Sergas confirmou que a área sanitaria da Coruña mantense como a máis afectada, con 1.236 casos (29 máis que hai 24 horas), seguida pola área de Lugo, con 321 casos (17 máis) e a de Santiago, con 274 casos rexistrados (62 máis). Na área sanitaria de Ourense, este luns notificáronse 212 casos (9 máis); outros 155 na área de Vigo (un máis); 141 casos na área de Pontevedra (21 máis); e 113 casos activos na área de Ferrol (7 máis). Toda a información no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...