Homesociedade9.000 euros da Deputación para a asociación Agora

9.000 euros da Deputación para a asociación Agora

A institución provincial apoia a prestación que ofrece esta entidade na comarca de Lemos dun servizo de estimulación cognitiva e habilidades sociais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Presidente da asociación AGORA, Manuel Barreiro Conde, renovaron a colaboración que mantén a institución provincial con esta entidade por un valor de 9.000 euros. A través desta axuda, a institución provincial colabora no servizo de estimulación cognitiva e habilidades sociais para persoas con capacidades diferentes da comarca de Lemos, mellorando as súas capacidades encamiñadas a ter unha maior participación no seu entorno e mellora do seu benestar emocional. AGORA atende a día de hoxe a uns 30 usuarios de xeito directo e conta con 91 socios. 

Tomé Roca puxo en valor a importancia de colaborar, desde as administracións públicas, con este tipo de colectivos sociais que traballan pola igualdade e a plena integración dos seus usuarios e usuarias na sociedade, ao tempo que melloran a súa calidade de vida e de benestar. 

A asociación AGORA nace no ano 1992 co obxectivo de promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con capacidades diferentes. O seu ámbito de actuación é a comarca de Lemos e desenvolve distintos programas e servizos para facilitar a atención que precisan os seus usuarios e usuarias, así como as súas familias. 

Nesta liña, a asociación AGORA conta cun centro de día no que prestan atención psicolóxica, estimulación cognitiva, logopedia, fisioterapia, terapia ocupacional, ximnasia de mantemento, ou musicoterapia, entre outras actividades. Ademais, prestan un servizo de vivenda tutelada a través do cal ofrecen atención domiciliaria a usuarios con necesidade de apoio nun entorno normalizado e integrado de convivencia, fomentando a autonomía persoal e un clima acolledor. 

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...