HomesociedadeSeguen aumentando os casos activos na residencia do Incio

Seguen aumentando os casos activos na residencia do Incio

Este domingo os datos oficiais dan 5 usuarios máis para un total de 90 usuarios con Covid19 e 1 traballador máis para un total de 27.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde que o 26 de agosto as Consellerías de Política Social e Sanidade anunciaran un repunte de casos neste centro, non se tiñan contabilizado novos casos ata hoxe.

Seguen como casos activos nas residencias da zona sur un traballador da DomusVi de Monforte e outro da residencia de maiores de Paradela.

As residencias galegas suman este domingo 30 de agosto, 38 novas persoas afectadas entre usuarios e catro entre traballadores, de acordo cos datos das consellerías de Sanidade e Política Social. Dentro das residencias o número total é de 190 afectados.

A nivel xeral Galicia rexistra un total de 3.484 casos activos de COVID-19 este domingo, cifra que supera en 190 á de onte, tras rexistrarse máis de 300 novos positivos. A subida débese fundamentalmente aos ascensos no número de persoas que teñen actualmente o virus nas áreas sanitarias de Lugo e Santiago, de acordo cos datos difundidos pola Consellería de Sanidade. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...