HomesociedadeFalece a sexta vítima do brote da residencia do Incio

Falece a sexta vítima do brote da residencia do Incio

Unha muller de 93 anos diagnosticada con COVID-19 e que tiña patoloxías previas.

Publicado o

- Advertisement -

Unha muller de 93 anos diagnosticada con COVID-19 e que permanecía ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) faleceu este domingo, polo que a cifra total de mortes vinculadas coa pandemia elévase a 641 na Comunidade.

Fontes dos departamentos de Sanidade e Política Social confirmaron que a muller, con patoloxías previas, procedía da residencia do Incio, que foi intervida pola Xunta tras detectarse un numeroso brote, que afecta na actualidade a 117 persoas –90 usuarios e 27 traballadores–.

En concreto, trátase da sexta vítima mortal vinculada co brote rexistrado neste centro.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...