HomeDeportesLaida Alvarado, nova adestradora do clube voleibol Ribeira Sacra

Laida Alvarado, nova adestradora do clube voleibol Ribeira Sacra

O club voleibol Ribeira Sacra presenta á súa nova adestradora para a tempada 2020/2021, Laida Alvarado Pena.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Laida Alvarado Pena xa estivo como 2ª adestradora de Manolo Martinez na tempada 1997-1998 adestrando ao equipo de superliga de “A Pinguela”. No 2004-2006 xa entrenara ao club nos equipos de primeira división.

Laida compañará á xa adestradora do club Yoraxy Meleán. Compartirán adestramentos dos equipos Infantís, Cadete e Xuvenil. Contarase ademais con Manolo Martínez como Director Deportivo e cos adestradores de equipos base.


Laida Alvarado ten unha ampla traxectoria no voleibol, tanto como xogadora como adestradora. Comeza a súa traxectoria como xogadora coa Selección Nacional de Venezuela e tamén en España xoga campionatos de volei praia nacionais e internacionais.

Unha vez que se queda en España, xoga en clubs como Dompa-Xestión Ourense e no C.V Ciutadella de Menorca onde tamén exercía como adestradora. Na súa carreira como adestradora de voleibol estivo a adestrar en clubs como: Club Benidorm (Benidorm), Club Valeriano Alles (Menorca) e club Korbis.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...