InicioEconomíaAchega de 60.000 euros á APEHL para promoción turístico gastronómica

Achega de 60.000 euros á APEHL para promoción turístico gastronómica

O importe indicado chega tras un convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Lugo para o financiamento de actividades e iniciativas para a promoción turística e gastronómica, así como para a celebración dun curso de especialización en enoturismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), José Francisco Real Castro -Cheché Real-, asinaron o acordo de colaboración este pasado venres, 11 de setembro.

José Tomé destacou que “o Goberno da Deputación cre que o contacto, o diálogo e a colaboración directa cos sectores produtivos é a mellor maneira de favorecer o desenvolvemento do territorio, e moito máis nesta situación de grave crise sanitaria e económica que vivimos pola pandemia da Covid-19. Así o cremos e así o levamos á práctica”. Neste eido, o mandatario provincial agradeceu á APEHL e aos empresarios e traballadores a súa actitude de cooperación nesta situación de crise sanitaria.

Nesta liña, o presidente da Deputación explicou tamén que “o convenio que hoxe firmamos ten por obxecto apoiar e manter a actividade no sector, neste caso, desenvolvendo actividades de promoción turística e gastronómica de Lugo e tamén para a celebración dun curso de enoturismo. O enoturismo é un exemplo de turismo non masificado, que aporta valor engadido e, tamén, sostible no tempo. Un turismo que invita á idealización. Que pide repetir visita para coñecer o resultado dunha nova colleita ou unha nova bodega. A elaboración do viño permite deseñar rutas de contacto coa natureza, de coñecemento dos métodos tradicionais ou as novas tecnoloxías, e, por suposto, de maridaxe coa gastronomía da terra”.

Tomé tivo tamén palabras de agradecemento para a APEHL, os empresarios e os traballadores destacando a súa capacidade de presentar propostas para adaptalas ás necesidades dos novos tempos, “tempos complicados que imos superar entre todos e todas, dende a unidade e a colaboración”, remarcou.

ÚLTIMAS

O ‘Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra’ celebra 10 anos

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 10 anos fomentando o emprendemento...

5 de maio, Día Mundial da Hipertensión Pulmonar

Como xesto simbólico, e en sinal de apoio ás persoas afectadas pola hipertensión pulmonar,...

Convenio con Abanca que permitirá expor en Monforte a historia en fotografías da emigración galega

A exposición “Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española...

Éxito no comezo da Comunidade Rural Montes de Saberes

Escairón acollía a finais de abril a primeira reunión da Comunidade Rural Montes de...