HomesociedadeDía 19 concentración de apoio a traballadores e usuarios da residencia do...

Día 19 concentración de apoio a traballadores e usuarios da residencia do Incio

O Concello do Incio colabora cos veciños e veciñas nun acto de apoio aos traballadores e usuarios da residencia. Será o sábado día 19 ás 13:00 horas enfronte da residencia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A idea xorde, tal e como explica a veciñanza, para darlles ánimos tanto ao persoal que está a traballar no centro, como a todos os usuarios que viven nel nestes momentos complicados que sofren.

O acto consistirá nunha concentración dos veciños e veciñas enfronte da residencia ás 13:00 horas do sábado no que a escritora natural do Val do Mao, Marica Campo, fará a lectura dun texto de alento. De seguido procederán a darlles un aplauso para que o poidan escoitar desde a residencia.

Os organizadores da iniciativa convidan aos veciños e veciñas e aos familiares dos usuarios da residencia a participar neste acto simbólico co que pretenden insuflarlles ánimo e recordarlles “que contan co apoio e o cariño de todo o pobo”.

Esperanzados

Lembran que existen moitos datos para a esperanza, como o cribado aos 170 veciños e veciñas no que todos deron negativo e os 17 usuarios da residencia que veñen de curarse. “Queremos que isto sirva como un xesto de cariño e unha mostra de unión dun pobo que loita xunto e tamén que a xente de fóra saiba que ao Incio se pode vir”, precisan.

O Goberno local do Concello do Incio colabora con esta iniciativa que definen como “moi positiva”. Ademais de participar no acto, desde o Concello encargaranse de seguir limpando e desinfectando os espazos públicos para seguir combatendo o virus, ao tempo que seguen trasladando o seu total apoio, ánimo e colaboración ao persoal e usuarios da residencia desde que se declarou o gromo da covid-19.

ÚLTIMAS

“Andares” do xornalista, Luís Celeiro, preséntase este 30 de xaneiro en Samos

O académico de número da Academia Xacobea, Luís Celeiro Álvarez e vicepresidente da Asociación...

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...