HomeDeportesMonforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O importe máximo da bolsa que se outorgará a cada un dos beneficiarios é de 600 euros debendo acreditar os solicitantes aqueles méritos deportivos conseguidos entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro, o extracto das bases reguladoras da convocatoria de concesión de bolsas a deportistas individuais de Monforte na tempada 2025-2026. Dende esta data, o prazo para presentar solicitudes é de 10 días hábiles polo cal o procedemento estará aberto ata o día 3 de novembro.

Estas axudas económicas están dirixidas a aqueles deportistas individuais do Concello de Monforte que, como mínimo, teñan participado no campionato de España, campionato de Europa ou campionato do mundo propio da modalidade deportiva durante o período obxecto da presente convocatoria. Concretamente, as persoas solicitantes poderán presentar, no marco desta convocatoria, os méritos deportivos conseguidos entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026.

Terán a consideración de deporte de carácter individual todos aqueles deportes que, segundo a súa regulamentación, son practicados de xeito individual. Así, non se considerarán participacións individuais os relevos nin as probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúe simultaneamente máis dun integrante do mesmo equipo.

A partida destinada a esta convocatoria é de 10.000 euros e o importe máximo da bolsa que se outorgará a cada un dos posibles beneficiarios é de 600 euros. Neste senso, o Alcalde, José Tomé Roca, pon en valor estas axudas “nunha cidade na que contamos cunha excepcional canteira de deportistas que destacan en moitas disciplinas e que sitúan a Monforte nun lugar elevado dentro da elite deportiva galega”.

As instancias e documentación necesaria para cumplimentar e participar no procedemento, así como requisitos e valoración, atópanse a disposición das persoas interesadas na páxina web municipal e na Base de Datos Nacional de Subvencións, mentres que as solicitudes poderán presentarse por sede electrónica, presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Monforte ou, se é o caso, nos rexistros e oficinas a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de novembro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...