HomeComarca de SarriaMáis de 20 familias deciden cambiar os seus fillos de colexio en...

Máis de 20 familias deciden cambiar os seus fillos de colexio en Sarria por deficiencias no centro

Publicado o

- Advertisement -

Unhas “20 ou 25” familias cambiaron aos seus fillos do colexio Frei Luís de Granada, en Sarria, durante os meses de xullo e agosto polas deficiencias neste centro e a falta de solucións por parte da Xunta.

A orixe do problema sitúase fai sete meses cando os pais denunciaron o mal estado do edificio e trasladaron aos máis pequenos á Escola Fogar. Este centro tivo que recolocar a 180 alumnos.

O portavoz da Plataforma en defensa do Frei Lui de Granada, Javier Pico, puntualizou que sete meses despois as sospeitas dos pais reafírmanse, e que ademais das deficiencias neste centro, tamén a “Escola Fogar carece de accesibilidade e incumpre diferente normativa contraincendios“. “En relación ás obras (no Frai Luis de Granada) agora recoñecen que non realizaron todos os estudos que son necesarios para acometelas”, lamentou.

DENUNCIA

Este recoñecemento pode levar aos pais a denunciar a Educación ante a Xustiza aínda que os pais van esperar a que “se pronuncie” o Concello de Sarria “respecto ao uso da Escola Fogar”.

“Unha vez que tome a decisión nós estudarémolo. Á vista está que temos razón sobre o que mantivemos durante sete meses. A cuestión está agora en que riscos están dispostos a asumir na Xunta para que os nosos fillos vaian seguros á Escola Fogar”, concluíu.

ÚLTIMAS

Este 31 de xaneiro “Refuxio de inverno, viño e calma” na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A campaña destaca o inverno como un momento privilexiado para descubrir a Ribeira Sacra...

O PP acusa a Tomé de “subir até o máximo” o soldo como alcalde tras deixar a Deputación

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte acusaron ao alcalde, José Tomé,...

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos...

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...