HomeCultura‘Experiencias no Camiño Francés’ trae música a Sarria

‘Experiencias no Camiño Francés’ trae música a Sarria

Trátase dunha iniciativa para dinamizar este Camiño de Santiago que este ano ten a música como fío condutor para as actividades que se organizan nos diferentes concellos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, da que Sarria forma parte, organiza anualmente unha serie de actuacións destinadas á promoción do mesmo que teñen unha temática común aos once concellos. O ano pasado foron as experiencias gastronómicas e este a gran protagonista será a música.

A programación en Sarria para setembro consta de 6 actuacións musicais nas que os protagonistas son músicos e músicas locais. Unha xa se fixo o pasado 12 -Asociación Cultural Meigas e Trasgos- e esta fin de semana haberá 2 propostas máis a realizar na Praza da Vila do Concello.

O sábado, 19 de setembro, ás 18:00 h. haberá un concerto didáctico infantil de música tradicional galega a cargo da Asociación Cultural Peleiriños na Praza da Vila de Sarria; e na mesma localización e hora, pero o día 20, terá lugar un concerto didáctico de música pop.

A entidade cultural Peleiriños, e fóra desta programación, estará o día seguinte, domingo 20, na localidade de Oural onde actuarán, a partir das 12:30 h., o Grupo de Música Tradicional -pasarrúas-, e a continuación o Grupo de Canto e Baile.

Para as vindeiras semanas as propostas terán lugar os días 26 (dúas) e o 27. Pódese consultar o programa completo na web do Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...