HomesociedadeTecendo rede, tecendo recordos, Día Mundial do Alzheimer

Tecendo rede, tecendo recordos, Día Mundial do Alzheimer

O lema elixido para este ano, no Día Mundial do Alzheimer que se celebra este luns, 21 de setembro, é “Tecendo rede, tecendo recordos”, buscando amosar a importancia do labor continuado desempeñado pola rede de asociacións para o mantemento e mellora da calidade de vida das persoas afectadas e as súas familias nesta situación excepcional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A crise sanitaria ocasionada pola Covid-19 produciu un parón sen precedentes na sociedade galega, implicando consecuencias moi serias nas persoas cunha demencia neurodexenerativa, e por extensión das persoas coidadoras, que facían uso dos centros e unidades de estimulación terapéutica.

Por este motivo, a Federación Alzheimer Galicia e as asociacións mantiveron na medida do posible a súa actividade, onde o seguimento continuado coas familias e as persoas usuarias foi sempre a súa principal prioridade. Así pois, mediante videochamadas, seguimento telefónico e por correo electrónico, envío de actividades de estimulación cognitiva, vídeos de actividades funcionais e estimulación a domicilio, etc; conseguiron seguir tecendo rede, tecendo recordos.

O Día Mundial do Alzhéimer 2020 xira entorno a este traballo continuado que dende a rede de asociacións de alzheimer de Galicia se veu facendo dende sempre, pero con máis esforzos se cabe durante a pandemia da Covid-19.

Cartel día mundial 2020

Dende Afamon (Asociación de familiares de persoas con Alzheimer outras demencias e enfermidades neurodexenerativas de Monforte) súmanse a esta conmemoración con dous tipos de accións:

  1. Dende o  venres 18 ata o luns 21 de setembro: exposición de fotografías no novo centro de atención e sede social de Afamon sito na Rúa Doutor Casares nº 35- baixo de Monforte.
  2. Colaboración cos concellos de Bóveda, Quiroga e Ribas de Sil, para que do 21 ao 25 deste mes, a través das súas redes sociais promocionen as actividades realizadas conxuntamente e na divulgación do Día Mundial do Alzheimer.

Ademais dende a Federación Alzheimer Galicia, propoñen dúas formas diferentes de colaborar a través das redes sociais para toda a sociedade:

  • A primeira delas consistiría en compartir unha foto dalgunha persoa con demencia da túa contorna realizando calquera exercicio ou actividade que axude a mellorar a súa vida diaria e que forme parte da súa rutina. Ademais, podes explicar por que esta actividade é boa para a persoa e como a axuda.
  • A segunda delas consistiría en imprimir o cartel que adxuntamos e sacarte unha foto con el.

Unha vez que teñas as fotografías, podes compartilas nas túas redes sociais, engadindo o hashtag #TecendoRecordos para que xuntxs sigamos tecendo rede.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...