HomesociedadeUnanimidade na Corporación de Chantada na moción sobre a PAC

Unanimidade na Corporación de Chantada na moción sobre a PAC

No Pleno do pasado 24 de setembro, en sesión ordinaria, a Corporación de Chantada aprobou por unanimidade a moción do grupo municipal Por Chantada-CUP a prol dunha PAC axeitada para o interior galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As propostas de Por Chantada visan unha PAC ao servizo das persoas e do territorio, “xa que ata o de agora a PAC foi un fracaso no mantemento da agricultora familiar e no reequilibrio territorial, sen tampouco estabelecer rendas dignas para produtoras e produtores. Pola contra, favoreceu os lobbies en detrimento das comunidades e dos consumidores. Cada tres minutos desaparece unha granxa en Europa,” segundo aseguran desde Por Chantada.

Segundo esta formación política agora é o momento de actuar e de esixir aos grupos políticos e ás institucións unha PAC ao servizo da Galiza e dos produtores. “Aínda está todo en aberto e moitas decisións van depender do Ministerio e da Consellaría. Todo o rural xogámonos moito coa definición das liñas e requerimentos da nova PAC.”

Por unha PAC xusta para a Galiza e para o ben común, as demandas de Por Chantada son as seguintes:

  • Dotación orzamentar suficiente e axuda básica á renda para a súa simplificación e contribuír verdadeiramente ao reequilibrio territorial e á fixación de poboación. Topes por persoa perceptora e por granxa, que en ningún caso puidesen superar os 60.000 euros anuais.
  • Servizos de asesoramento público que primen a orientación cara aos sistemas agroecolóxicos, diversificados e extensivos.
  • desenvolvemento tecnolóxico ten que reforzar o control dos titulares sobre as súas exploracións e non aumentar a súa dependencia de terceiros. Necesaria cobertura 5G para o rural galego.
  • Reformular as restrincións de SAU por solicitante que sistematicamente deixaron fóra das axudas o sector da horta, da apicultura, da fruticultura, da castaña ou do viñedo na Galiza.
  • Prohibir o financiamento de agrocombustibles.
  • Os Fondos de Desenvolvemento Rural deben priorizar ás mulleres e á mocidade, a transición cara a sistemas agroecolóxicos, políticas de instalación de persoas produtoras de alimentos e mercados locais e compras públicas.
  • As administracións públicas deben reforzar a PAC con partidas propias e os fundos Next Generation EU garantindo niveis de servizos dignos no medio rural, cando menos nos básicos como a sanidade, a educación e a dependencia.
  • Desenvolver ferramentas para a regulación dos mercados e o control das producións e dos prezos en orixe. Permitir a negociación colectiva dos prezos. 
  • Asegurar que todas as persoas que se dedican á actividade agraria teñan acceso ás axudas en igualdade de condicións.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...