HomesociedadeSober retoma as actividades deportivas para maiores

Sober retoma as actividades deportivas para maiores

Haberá ximnasia de mantemento, aerobic, tonificación e pilates. Tamén está a disposición dos veciños e veciñas o ximnasio municipal e a sala de máquinas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober retoma este mércores as actividades deportivas para maiores. A maior parte da actividade vaise concentrar este ano no ximnasio municipal para cumprir coa normativa sanitaria e poder manter as distancias de seguridade. A maiores, haberá ximnasia de mantemento en Anllo e Neiras.

Ximnasia de mantemento

Os luns haberá ximnasia de mantemento ás 11:00 e ás 17:30 horas e aerobic/tonificación ás 19:30 horas no ximnasio municipal. Os mércores haberá ximnasia de mantemento ás 11:00 e ás 17:30 horas e aerobic/tonificación ás 19:30 horas no ximnasio municipal. Os xoves haberá pilates ás 11:00 horas tamén no ximnasio municipal.

Nas parroquias, os luns haberá ximnasia de mantemento en Anllo ás 16:00 horas e os mércores en Neiras tamén ás 16:00 horas.

Ximnasio municipal

O ximnasio municipal abrirá polas mañás de luns a xoves en horario de 10.30 a 13:30 horas e de luns a mércores pola tarde en horario de 15:30  20:30 horas. Para o uso da sala de máquinas é preciso reservar praza.

Para obter máis información poden chamar ao 982 46 05 13 ou preguntar no ximnasio no horario de apertura. Este ano os grupos serán reducidos, polo que é imprescindible inscribirse para poder participar en calquera das actividades.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...