HomesociedadeMonforte remata a casa social de Reigada e a súa contorna

Monforte remata a casa social de Reigada e a súa contorna

Na vindeira semana finalizarán as obras de mellora e embelecemento do exterior e da contorna do Centro Social de Reigada, no concello de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa Social da parroquia de Reigada, atópase situada na Parcela Catastral 255 do Polígono 41, no Paraxe de Lagoa, no Lugar de Reigada. Esta casa social, xunto coa parcela na que se atopa, linda coa traza do Camiño de Inverno. O Concello de Monforte destina a estas obras de mellora 20.248,33 euros

A Casa Social de Reigada é unha construción de planta baixa resolta con cerramentos de fábrica de ladrillo revestidos con morteiro monocapa de cor branco, e cuberta a dúas augas, con porche na entrada principal. Está emprazada dentro dunha parcela lindeira coa traza do Camiño de Santiago que dispón dun peche de tela metálica pintada de cor branca. O interior da parcela está equipado con aparellos biosaudables de ximnasia para persoas maiores e dispón dun farol para a iluminación.

A casa e a parcela presentaban un estado de deterioro que xunto coa tipoloxía de materiais empregados para a construción da casa e do peche da parcela, non se adecuaban ó entorno no que se atopan. 

“O Concello de Monforte” destaca o Alcalde, “segue a levar a cabo obras de mellora nas parroquias da cidade, e neste caso, renovando o aspecto exterior  o edificio e embelecendo a súa contorna, polo que os veciños e veciñas de Reigada, verán nun curto espazo de tempo mellorado o seu local social”.

As melloras desenvoltas afectaron á cuberta colocando tella cerámica curva, ós cerramentos da casa, no interior da parcela substitúese a iluminación exterior e podáronse as árbores existentes; colocouse un novo valado de madeira, máis acorde co entorno, colocouse unha nova fonte de pulsador, que se ubicará ó lado do propio local social, para que a usen tanto veciños coma peregrinos.

ÚLTIMAS

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...

Morre un home atropelado fronte ao hospital de Monforte

Un home morreu este mércores ao sufrir un atropelo en Monforte de Lemos, segundo...