HomeCulturaO concello da Pobra do Brollón homenaxeará á escritora Olga Novo

O concello da Pobra do Brollón homenaxeará á escritora Olga Novo

O concello da Pobra do Brollón renderá unha homenaxe á escritora Olga Novo, tras facerse co Premio Nacional de Poesía que outorga o Ministerio de Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, asegura que é “un orgullo contar cunha persoa da calidade humana e intelectual que ten Olga Novo”, orixinaria da parroquia de Castroncelos na Pobra do Brollón. “Non me estraña nada este premio que acaba de gañar nosa poeta. E xa avanzo que en breve faremos un recoñecemento desde o concello a este traballo fantástico que fai Olga. A nosa felicitación e a seguir gañando premios”.

A propia Olga Novo mostrouse sorprendida tras o recoñecemento, que “non é esperado pero supón unha gran felicidade, como o título da obra”, o seu poemario ‘Feliz Idade’. Novo precisou que este título responde a un intento de creación dunha nova idade, conformado por fragmentos vitais da súa vida.

“É o encontro da miña filla recentemente nada co meu pai que estaba no declive vital, enfermo e próximo á morte. Esa unión entre o avó e a neta está no corazón desta obra”, resumiu.

Respecto diso de si supón “un antes e un despois” ao seu labor creador, Olga Novo esgrime que no seu caso empezou a escribir poesía “entre o sete e o oito anos”. O poeta da Pobra do Brollón subliñou que leva “toda a vida escribindo e por tanto é moi anterior (esa faceta de escritora e poetisa) a calquera premio”.

“Cando o creador sente a creación como unha necesidade vital e como unha experiencia na vida, diso non se pode prescindir. Un premio é unha alegría, o recoñecemento sempre é importante pero iso non significa que un poeta vaia a escribir máis por iso”, conclúe.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte considera que as cámaras instaladas na cidade son para impoñer multas, non para mellorar a seguridade

A voceira popular, Katy Varela, explica que se pide esta información dadas as reiteradas...

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...