HomesociedadeO gromo de Monforte está controlado, asegura Tomé

O gromo de Monforte está controlado, asegura Tomé

O alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asegurou este xoves que o brote da Covid-19, cuns 20 casos detectados na localidade, está "controlado".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor de Monforte, concello que este xoves, 22 de outubro, pasou á fase ‘vermella’ no mapa por concellos da Xunta, sostivo que a situación “non é preocupante” e lembrou que nos pasados meses chegou a haber máis de 120 casos. “Por tanto, estamos lonxe desa situación”, indicou.

Tomé sinalou que “parece que se coñece” a orixe “dos focos” e que estes teñen “unha forte ligazón co brote da residencia de Bóveda“. O rexedor tamén confirmou a existencia dun caso positivo entre os traballadores do Servizo de Axuda a Domicilio e informou de que a persoa afectada está illada e que ao resto dos traballadores fíxoselle probas PCR, cuxos resultados esperan.

Aínda que o alcalde si recoñeceu que a situación debe “preocupar e ocupar” considerou que é “moito mellor” da que houbo cando no concello rexistráronse máis de 100 casos e un edificio enteiro da rúa Duquesa de Alba foi confinado.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...