HomeCulturaPremio á innovación bibliotecaria en Bóveda

Premio á innovación bibliotecaria en Bóveda

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, vén de recoller o galardón posto en marcha pola Xunta de Galicia co fin de dar visibilidade ás boas prácticas que se executan nas bibliotecas e axencias de lectura municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a entrega do premio, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Anxo M. Lorenzo, felicitou ao rexedor por poñer en marcha unha iniciativa que integra aos usuarios con diversidade funcional e atende aos colectivos máis vulnerables. “As bibliotecas e dotacións culturais teñen que funcionar como espazos sen barreiras onde todos os colectivos poidan encontrar refuxio na cultura”, salientou o secretario xeral de Cultura.

Neste senso, destacou a colaboración entre a axencia de lectura municipal e outras entidades como o CEIP Rosalía de Castro, a residencia para persoas con diversidade funcional ou a propia área de Cultura do Concello de Bóveda converténdose nun “dos focos dinamizadores da cultura e da animación sociocultural neste concello”.

O proxecto elixido na edición deste ano do Premio á Innovación Bibliotecaria recoñeceuse a capacidade desta entidade cultural para influír na comunidade e executar un proxecto de integración social que teña en conta as circunstancias de todos os veciños. Para iso, apostouse pola adquisición de recursos bibliográficos adaptados como os libros de lectura fácil ou audiolibros, así como pola adaptación das instalacións reformando o aseo ou creando un novo acceso.

Día das Bibliotecas

No marco do Día das Bibliotecas, que se celebrará este sábado 24 de outubro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade promove o Premio á Innovación Bibliotecaria por terceira vez co obxectivo de recoñecer o labor das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais  de Galicia que leven a cabo proxectos e boas prácticas, innovadoras, de utilidade para as persoas usuarias, sustentables no tempo e próximos ao contexto local no que se atopan. Trátase dun galardón dotado cun premio de 3.000 euros que nas anteriores edicións foi concedido á biblioteca municipal de Camariñas e a Biblioteca Pública Neira Vilas de Vigo.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...