HomePolíticaOs socialistas demandan que se cubra a praza do médico do Saviñao

Os socialistas demandan que se cubra a praza do médico do Saviñao

O Grupo Socialista de O Saviñao, solicitará un pleno extraordinario para reclamar ao Goberno de Feijóo que cubra a praza de médico que vai quedar vacante por xubilación no concello do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas sinalan que en “Currelos hai un centro de atención primaria, que conta cun médico e un enfermeiro, e no que tamén traballaba unha persoa contratada polo Concello que realizaba labores de limpeza e de conserxe ata o 30 de setembro. Pero por mor da xubilización deste empregado, actualmente a persoa que a substitúe só realiza labores de limpeza, polo tanto o centro de Currelos esta desatendido, xa que ninguén colle o teléfono para atender as consultas, nin dan cita  aos pacientes e só se limitan a derivar ao centro de Escairón”. 

Dende o Grupo Socialista do Saviñao, diante desta situación, que califican de abandono que sofren as veciñas e veciños de Currelos, demandan ao Concello e ao SERGAS, que contraten persoal para facilitar os trámites e consultas dos pacientes da zona Norte. Reclaman tamén que se garanta a continuidade do médico de Currelos, “tanto pola saúde dos pacientes, como pola economía da zona norte do Concello, xa que o peche conlevaría unha situación de abandono desta zona, como por exemplo o peche da farmacia”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...