HomesociedadeImpulsar o galego entre a mocidade, obxectivo de Por Chantada

Impulsar o galego entre a mocidade, obxectivo de Por Chantada

Por Chantada CUP defenderá no vindeiro pleno da corporación unha moción para dotar dunha canle pública galega á mocidade, xa que aseguran que a lingua galega é a única oficial no Estado que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil, como si acontece co castelán, co catalán e co éuscaro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na moción demándase ao Goberno do Estado que a TVE emita os seus contidos con dobraxe ao galego, nomeadamente na programación da canle Clan TV e nos contidos da súa APP. Piden tamén que se faga efectivo o compromiso de recepción en Galicia das canles de televisión portuguesas a través da TDT, segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Por outra banda pídeselle á Xunta que adopte medidas e accións precisas para que a Corporación de Radio e Televisión da Galiza (CRTVG) aumente a oferta en galego destinada á infancia e mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas de contidos audiovisuais, así como App actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir nesta canle en galego, a presenza de contidos atractivos, de éxito, actuais e pasados, así como contidos educativos e de produción galega.

Xabarín / infancinemarin.com

Por Chantada CUP demanda ao Concello crear unha praza para contratar unha persoa técnica en normalización lingüística no Concello de Chantada e facer que as actividades lúdicas e culturais dirixidas á infancia e á mocidade e financiadas polo Concello de Chantada se desenvolvan en lingua galega.

Segundo Por Chantada, na actualidade, a situación da lingua galega entre a mocidade é dramática. Aseguran que tres de cada catro rapaces e rapazas galegas de 5 a 14 anos (74,88%) son castelanfalantes e só 23,90% sabe falar galego. Consideran que é necesario un compromiso enérxico de todos os poderes públicos a prol da nosa lingua.  E lembran as verbas de Castelao no Sempre en Galiza (1944): «unha língoa é mais ca unha obra de arte; é matriz inesgotábel de obras de arte».

ÚLTIMAS

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...

Unanimidade en Chantada para esixir unha cobertura sanitaria suficiente

Antom Fente, voceiro de Por Chantada-IGV, manifestaba satisfacción pola unión de todas as forzas...

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...