HomesociedadeBóveda mellora a eficiencia enerxética en instalacións municipais

Bóveda mellora a eficiencia enerxética en instalacións municipais

O Concello de Bóveda vén de rematar os traballos de mellora da eficiencia enerxética en instalacións municipais con cargo a unha axuda do Fondo de Cooperación Local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Acometéronse dúas actuacións diferenciadas. Por un lado, levouse a cabo a mellora da eficiencia enerxética na pista polideportiva mediante a renovación da iluminación e, doutra banda, renováronse as instalacións térmicas da Casa do Concello.

Próxima á Casa do Concello disponse dunha pista deportiva, ademais dun parque infantil e de zonas verdes e de paseo. As obras incluíron a reforma das instalacións de iluminación da pista polideportiva co obxecto de mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de alumeado público municipal. O orzamento para estas dúas actuacións ascendeu a 51.479 euros.

Levouse a cabo a eliminación de tecnoloxía obsoleta, de baixa eficiencia enerxética e alto custo económico (luminarias antigas de haloxenuros metálicos), para instalar luminarias de nova tecnoloxía LED, máis avanzada, co obxecto de reducir o consumo enerxético, mellorar as prestacións e aumentar eficiencia enerxética das instalacións, e como obxectivo principal acadar unha mellor eficiencia enerxética da instalación.

No edificio do Concello buscouse modernizar as instalacións térmicas, para mellorar o servizo aos traballadores e aos usuarios, e acadar unhas instalacións enerxeticamente eficientes e modernas, co obxecto de reducir o consumo enerxético, e máis o económico, obtendo unhas prestacións térmicas axeitadas e mellorando a eficiencia enerxética das instalacións.

Neste caso, instalouse un sistema de calefacción mediante bomba de calor aire/auga, cunha unidade exterior e un depósito de inercia para alimentar aos emisores existentes mediante a rede de distribución existente no edificio, configurando unha instalación de mellor eficiencia enerxética, co que se acada un aforro enerxético, fronte ás instalacións térmicas antigas, ineficientes, obsoletas e que non proporcionan un axeitado nivel de confort.

Eficiencia enerxética Bóveda / Concello de Bóveda

ÚLTIMAS

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...