HomesociedadeCharla sobre banda deseñada galega na Librería Pelayo de Monforte

Charla sobre banda deseñada galega na Librería Pelayo de Monforte

O debuxante Xosé Manuel Fernández fará unha introdución á historia, máis e menos recente da banda deseñada en Galicia, con especial atención á temática referida ao humor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Librería Pelayo de Monforte segue apostando polo fomento da lectura e a divulgación. Nesta ocasión faino con dúas actividades de divulgación arredor da ilustración e a banda deseñada.

A primeira delas terá lugar este sábado 31 de outubro coa programación dunha charla sobre “A banda deseñada en Galicia” a cargo do debuxante quirogués Xosé Manuel Fernández. Poderase seguir, dadas as condicións sanitarias impostas pola Covid, a través das redes sociais  de Librería Pelayo a partir das 18:00 h.

Segundo refire o propio ponente, “Galicia tivo e ten grandes debuxantes, moitos deles recoñecidos a nivel nacional e internacional. Dende artistas gráficos que destacaron máis como viñetistas ata outros que son referencia na banda deseñada e a novela ilustrada”.

Na charla sairán nomes de recoñecidos debuxantes galegos, dende clásicos como Xaquín Marín, Xosé Lois ‘O Carrabouxo’, Pepe Carreiro ou Miguel Anxo Prado, ata outros máis achegados aos nosos tempos como Luis Davila, Kiko da Silva, Jacobo Fernández, Miguel Porto, David Rubín ou Emma Rios. Tamén se dará conta de publicacións relevantes da banda deseñada galega, curiosidades e incluso anécdotas do propio ponente, tamén debuxante.

A outra actividade programada na librería monfortina é un “obradoiro de humor gráfico” para rapaces de 6 a 12 anos. Está pendente de concretar a data e a intención e poder ter algúns alumn@s presenciais, os que permitan as condicións sanitarias, e retransmitilo tamén a través das redes sociais.

Rocío Rodríguez, xerente desta librería monfortina, convida a seguir esta charla divulgativa que fará un percorrido pola historia da banda deseñada de Galicia, aproveitando a comodidade de facelo dende a casa ou dende calquera dispositivo móbil entrando na súa páxina de Facebook.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...