HomesociedadeO sector turístico na Ribeira Sacra paga as consecuencias das medidas contra...

O sector turístico na Ribeira Sacra paga as consecuencias das medidas contra a Covid

Dende o Consorcio de Turismo, este venres ás 14:00 horas, procedeuse á cancelación das actividades do programa de outono previstas para esta fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A declaración do Estado de Alarma e as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias, primeiro a nivel estatal, logo nas diferentes Comunidades Autónomas e, finalmente, as anunciadas a media mañá deste venres, incidiron directamente sobre as expectativas da oferta turística que agardaba prolongar minimamante unha tempada moi complexa, segundo sinalan desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

A ocupación media do 30 de outubro ao 1 de novembro, ambos inclusive:

  • Hoteis 3 e 4 estrelas: Previsión 61% – Ocupación final 31%
  • Turismo Rural: Previsión 84% – Ocupación final 28%
  • VUT: Previsión57% – Ocupación final 5%
  • Outros: Previsión 54% – Ocupación final 18%

En novembro do ano pasado a ocupación media de aloxamentos fora do 57%, “cifras abraiantes que se agardaban superar este ano”, como sinalan desde o Consorcio, “esta vez non superaremos o 20% nin tan sequera na que sería unha boa ponte para visitantes procedentes de Madrid e outras CCAA con festividade para o luns.”

Con este novo golpe ás posibilidades de facturación e co anuncio de manter o peche das cidades galegas durante as seguintes fins de semana, moitos establecementos anuncian o fin da actividade ata a vindeira tempada, dando por perdida outra ponte moi importante para o xeodestino como é a de decembro.

Programa A caída da folla na Ribeira Sacra

Dende o Consorcio de Turismo, onte ás 14:00 horas, procedeuse á cancelación das actividades do programa de outono previstas para esta fin de semana. Todas tiñan aforos completos e estaban desdobradas e adaptadas ás limitacións para a formación de grupos  (4+1), pero a procedencia dos participantes (na meirande parte, das cidades da Coruña e de Pontevedra), motivaron esa suspensión. Boa parte dos inscritos contaban pasar a fin de semana en Ribeira Sacra, polo que cancelaron os seus aloxamentos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...