HomesociedadeUU.AA. apoia as batidas e pide á Xunta que despexe as dúbidas...

UU.AA. apoia as batidas e pide á Xunta que despexe as dúbidas sobre a caza no estado de alarma

A Federación Galega de Caza sobre os dous accidentes de cazadores: "non teñen maior gravidade"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dous cazadores resultaron feridos o domingo na Ribeira Sacra, un deles ao dispararse nun pé no Saviñao e outro dunha cuadrilla de Pantón ao ser atacado por un xabaril que estaba ferido e cría morto. Segundo explican por parte da Federación Galega de Caza a Europa Press ambos os accidentes “non teñen maior gravidade”.

Nesta situación Unións Agrarias volveu a pedir que se autorice a caza como actividade esencial ante “o descontrol” das mandas de xabarís e a “alarma e preocupación” no rural galego. Respecto diso, o sindicato agrario pide á Xunta que “despexe de inmediato as dúbidas” sobre a posibilidade de que os cazadores poidan continuar a súa actividade durante o estado de alarma. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...