HomeCulturaDomingo musical para público familiar na Casa da Cultura de Monforte

Domingo musical para público familiar na Casa da Cultura de Monforte

Este domingo 8 de novembro ás 18:00 h o salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá un espectáculo musical para público infantil e familiar dentro do programa “Outono é diversión” de Política Lingüística.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Compañía María Faltri e Jorge Juncal presenta “Fantasía coas palabras”, espectáculo musical no que se unirán a música en directo e a acción teatral no recorrido polas cancións que compoñen o disco “Fantasía con Palabras”.

Os compoñentes do grupo son María Faltri, Jorge Juncal, Juansy Santomé, Reynier Aldana e Max Gómez. A entrada para esta obra é gratuíta, sendo o aforo limitado. 

Debido a situación sanitaria é obrigatorio o uso de máscaras, haberá que gardar a distancia de seguridade e usar a solución hidroalcohólica. A entrada farase media hora antes do comezo da obra ata completar o aforo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...