HomesociedadeA hostalería maniféstase ante as restricións

A hostalería maniféstase ante as restricións

A hostalería maniféstase para visualizar o malestar do sector ante as novas restricións pola pandemia. A Denominación de Orixe Ribeira Sacra manifesta o seu apoio ao sector da hostalería e restauración, nestes momentos de crise sanitaria onde se ven enfrontados a un novo peche nun sector interdependente co sector do viño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na manifestación de Lugo o Presidente da APEHL, leu un manifesto para reinvidicar todas as axudas que necesita o sector e nas concentracións dos concellos un hostaleiro de cada cidade leu outro de apoio ao manifesto que le o Presidente de APEHL.

Os hostaleiros decidiron saír por todas as inxustizas que estan sufrindo e levan soportando desde principios da pandemia, non entendendo como un sector que está formado, que cumpre todos os protocolos hixiénico sanitarios cando está comprobado segundo estatísticas que o contaxio de covid é dun 3% no sector, non entenden que se tomen estas medidas.

“Esta última medida foi a pinga que verteu o vaso, moitos deles din que se seguen así xa non poderán resistir moito máis, outros, preocúpalles que vai ser da vida dos seus traballadores pq xa son como familia, outros din que lles faltaron todas as festas, semana santa, eventos…, eran balóns de osíxeno para os meses malos e estanos afogando os alugueres, os gastos fixos de auga, luz, impostos…, e non poden pagalos”, sinala Beatriz Pérez desde a APEHL Monforte

Engande “O futuro veno negro se non reciben axudas e moitos quedasen polo camiño, todo isto conleva familias na rúa, distribuidores que non van vender, adegueiros que non van colocar o seu viño, pescaderias, carnicerías… A hostalería é un sector que crea emprego directo pero deles dependen moitos postos de traballo indirectos e sen hostalería non hai turismo”.

A D.O. Ribeira Sacra solidarízase co sector da restauración e hostalería
 

Denominación de Orixe Ribeira Sacra manifesta o seu apoio ao sector da hostalería e restauración, nestes momentos de crise sanitaria onde se ven enfrontados a un novo peche nun sector interdependente co sector do viño. 
 
Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, amosa o seu apoio e ánimo para o sector neste momento de crise global, “O sector do viño somos un sector partícipe do sector da restauración e solidarizámonos con el. É un sector moi unido a nós e en momentos tan complicados necesitamos da colaboración de todos.”

ÚLTIMAS

O programa Emega impulsou en Sarria 4 negocios liderados por mulleres

Coa convocatoria do programa Emega de emprendemento feminino correspondente ao 2025, a Consellería de...

Alberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

O taboadés Alberto Fidalgo volve ser noticia tras alcanzar o terceiro posto no podio...

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...