HomePolíticaOs socialistas do Saviñao solicitan un pleno para atender as súas demandas...

Os socialistas do Saviñao solicitan un pleno para atender as súas demandas sanitarias

O Grupo Socialista do Saviñao, rexistra a petición para a celebración dun pleno extraordinario, co fin de reclamar ao Goberno de Feijóo, que cubra a praza de médico que vai quedar vacante por xubilación no concello; así como que se dote de persoal ao centro de Currelos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas lembran que este mesmo asunto xa foi tratado no Pleno da Deputación de Lugo. “Entendemos que a sanidade é un tema capital que afecta a toda a veciñanza, por iso dende a Agrupación Socialista imos a seguir insistindo en reclamar os nosos dereitos”, sinalan.

Concretamente, na proposta rexistrada demandan “un acordo para que se manteñan as prazas de médicos existentes na actualidade no Centro de Atención Primaria de Escairón”. E tamén solicitan “o acordo da corporación para que se manteñan a praza de médico existente, así como a recuperación do conserxe que había no Centro de Atención Primaria de Currelos. E que se trasladen os acordos do pleno á Xunta de Galicia, xa que son asuntos da súa competencia”.

“No que se refire á sanidade non imos deixar nin dar un paso atrás na defensa da nosa atención primaria. As veciñas e veciños do concello Saviñao somos cidadáns con tódolos dereitos, por iso vamos a seguir loitando polos nosos médicos e polos nosos recursos públicos. Os nosos veciños meréceno”, sinalan.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...