HomeSucesosDetida en Chantada por conducir co teléfono, sen carné, seguro e ITV

Detida en Chantada por conducir co teléfono, sen carné, seguro e ITV

A detida foi investigada ata en dez ocasiones nos últimos meses, motivando o comiso do vehículo que conducía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha Patrulla da Garda Civil detectou no termo municipal de Chantada á condutora dun turismo facendo uso do teléfono móbil durante a condución, o que propiciou a súa identificación para a formulación dunha proposta de sanción por tales feitos.

As comprobacións posteriores certificaron ademais que dita condutora manexaba un vehículo de motor carecendo de permiso de condución por perda de vixencia ao esgotar o seu crédito de puntos, carecía de seguro obrigatorio e coa inspección técnica do vehículo caducada. Ante esta esta circunstancia, constátase a perda de vixencia desta condutora do título habilitante para a condución de vehículos de motor e, que a mesma posúe un amplo historial delituoso pola comisión de números ilícitos penais, relacionados con delitos contra a seguridade viaria. Por todo iso procédese á confección das dilixencias policiais preceptivas, procedéndose á detención da condutora como suposta autora dun delito contra a seguridade viaria.

Tras ponderar as causas concorrentes apréciase unha multirreincidencia na comisión deste tipo de delitos por parte da detida, polo que se procede ao comiso do vehículo, utilizado tanto nesta, como en ocasións precedentes, e a súa posta ao dispor da autoridade xudicial.

A lexislación vixente permite a intervención dos vehículos utilizados na comisión de delitos contra a seguridade viaria, cando se observe multirreincidencia na comisión delitos tipificados nos artigos 379 e 384 (excesos de velocidade, condución baixo os efectos de alcol ou drogas e condución sen permiso de con perda de puntos ou privación xudicial do mesmo), e mesmo con carácter excepcional nos supostos da comisión dun único delito cando as taxas, influencia ou exceso sexa extraordinaria gravidade e xeradoras dun intenso perigo.

Así mesmo, esta medida, pode levar a cabo naqueles casos de condución manifestamente temeraria, como as carreiras ilegais. As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Chantada e as denuncias administrativas formuladas (uso teléfono móbil, ITV e seguro obrigatorio) á Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo. A Garda Civil lembra que a condución dun vehículo co saldo de puntos esgotado constitúe un ilícito penal con penas de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de doce a vinte e catro meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e en casos como o precedente pode mesmo conlevar aparellada a intervención do vehículo utilizado.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...