Homesociedade"Amandízate" para brindar con Amandi este Nadal

“Amandízate” para brindar con Amandi este Nadal

O Concello de Sober lanza a campaña ‘#Amandízate’, este Nadal brinda cos viños da subzona de Amandi da D.O. Ribeira Sacra. Con esta iniciativa preténdese incrementar a venda dos viños da subzona de Amandi durante as Festas. A campaña forma parte dos actos programados no marco do Mes do Amandi.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Sober lanza o slogan Amandízate como parte dunha campaña cuxa programación rematará coa celebración os días 5 e 6 de decembro da Feira-Mostra do Viño de Amandi 2020, que se celebrará no Hotel Pazo de Sober.

Ademais de promocionar o novo slogan a través dos medios de comunicación e das redes sociais, o Goberno local distribuirá un listado con todas as bodegas de Sober que están a vender viño, así como o seu contacto telefónico e a web a través dos cales poder pedir información e mercar os seus produtos.

Encher as redes de Amandi

Desde o Concello de Sober convidan a compartir a través das redes sociais as fotos do brinde con Amandi usando o cancelo #Amandízate. Compartiranse todas as fotos que etiqueten ao Concello de Sober xunto con este lema, tanto a través do Facebook, como do Twitter e do Instagram.

É a primeira campaña na que se usará o slogan #Amandízate, á que seguirán outras iniciativas baixo o mesmo lema en diferentes épocas do ano.

O rexedor explica que decidiron “reinventarse” e organizar o Mes do Amandi e a Feira-Mostra do Viño do Amandi 2020, tras suspender a XL Feira do Viño de Amandi por mor da pandemia, para contribuír a que o sector conte cun escaparate no que amosar os seus viños e a través do que seguir facendo vendas nun ano especialmente complicado.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...