HomesociedadeMonforte "Cada cousa... no seu sitio"

Monforte “Cada cousa… no seu sitio”

Desde este mates está operativo un stand informativo, que se ubicou na Praza Campo de San Antonio, no que un monitor medioambiental informa ós cidadáns sobre o contido da campaña sobre reciclaxe e separación de residuos domésticos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte inicia este martes, 17 de novembro, unha campaña de información sobre a reciclaxe de residuos domésticos, dirixida a toda a veciñanza. A campaña ten por obxectivo informar sobre as claves para levar a cabo unha axeitada reciclaxe dos residuos que se xeran no fogar. Para elo, dende o Concello levouse a cabo unha campaña publicitaria, coa publicación de anuncios en prensa, cuñas en radio e pancartas nas principais entradas da cidade.

Baixo o lema Cada cousa…no seu sitio”, a campaña incide especialmente no tipo de residuos que se deben depositar en cada un dos colectores específicos que para elo pon o Concello a disposición dos cidadáns:

  • Contedor azul: no que se poden depositar todo tipo de produtos de papel: revistas, follas, xornais, caixas de cartón, envoltorios… E nel non se pode depositar nada que non sexa de papel ou cartón, por exemplo, bolsas de plástico, briks, envases, etc.
  • Contedor amarelo: é o que recolle os envases de plástico, como botellas de auga, briks de zume ou leite, latas de refresco, conservas, etc. Neste colector non se poden depositar residuos tales como CD’s, roupa, bombillas, residuos orgánicos ou produtos contaminantes.
  • Contedor verde: o destinado ós envases de vidro, tales como botellas ou tarros. Non admite todo aquelo que non sexa vidro: tapóns e tapas dos tarros, cristais de espellos, ventás… 

O stand informativo ubicarase en distintas zonas da cidade de Monforte co obxectivo de chegar ó máximo número de cidadáns posibles. Todos os cidadáns que desexen recibir información no mesmo poderano facer do 17 ó 20 de novembro e do 15 ó 18 de decembro, en horario de 10 a 13 horas. Deste xeito, o stand estará situado nas seguintes localizacións:

  • Campo de San Antonio: martes 17 de novembro e martes 15 de decembro
  • Praza de Abastos: mércores 18 de novembro e mércores 16 de decembro
  • Praza da Estación: xoves 19 de novembro e xoves 17 de decembro
  • Rúa do Cardenal: venres 20 de novembro e venres 18 de decembro.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...