Homesociedade355.000 euros para o abastecemento de 6 núcleos de Paradela

355.000 euros para o abastecemento de 6 núcleos de Paradela

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dotou do servizo de abastecemento de auga a seis núcleos do municipio de Paradela, logo dun investimento de máis de 355.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o alcalde, Manuel Mato, formalizaron este martes a entrega ao concello da nova infraestrutura que distribúe a auga potable aos veciños e veciñas de Pacios, A Tellada, Parrocha, As Cortes, Vilachá e Loio.

A captación sitúase no río Loio. Existía un depósito de cabeceira con capacidade de 200 metros cúbicos e un pozo de bombeo da captación á beira do río; para poñelos en funcionamento foi preciso incorporar elementos como a arqueta de toma, as bombas coa súa valvulería no pozo, as instalacións de potabilización e a acometida eléctrica.

Tamén se executou a rede, de tipo ramificado, composta por un colector principal de máis de 5 quilómetros de lonxitude e os ramais secundarios. A estación de tratamento de auga potable (ETAP) construíuse nun edificio encostado ao depósito.

Estas obras, cun orzamento de máis de 259.000 euros, requiriron da execución doutros dous proxectos complementarios de mellora do sistema eléctrico. O primeiro, cun investimento de 48.000 euros, para adaptar a acometida eléctrica en baixa tensión dende o bombeo da captación no río Loio ata a ETAP. E o segundo, cun orzamento de 48.200 euros, para adecuar o transformador e a liña eléctrica soterrada de xeito que soportara o incremento de consumo que supuxo a introdución de bombas, filtros e outros equipos.

Arias sinalou que a Consellería, a través de Augas de Galicia, achega apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local. 

ÚLTIMAS

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...

Activación da rede de nova xeración 4G e 5G e atención de incidencias que afecten á sinal da TDT

Nos vindeiros días terá lugar a activación da rede de nova xeración 4G e...

O Mercado de Nadal de Quiroga péchase con éxito e pénsase na continuidade

Este Mercado de Nadal, organizado polo Concello de Quiroga coa colaboración da Asociación de...

O Concello de Bóveda entrega os Premios do III Concurso de Poesía

O premio da categoría de adultos recaeu eu Adrián Casanova, de Monforte, mentres que...