HomeEconomía'Préstamos vendima' para que as adegas poidan afrontar pagos de uva

‘Préstamos vendima’ para que as adegas poidan afrontar pagos de uva

Os préstamos deben destinarse á adquisición de uva na campaña 2020, así como, no caso de procesado de uvas de produción propia, a financiar o capital circulante de explotación, todo iso co obxecto de elaborar viño acollido a denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a orde da Consellería do Medio Rural que regula o “préstamo vendima”, unha ferramenta financieira que permitirá que todas as adegas galegas poidan mercar a totalidade da uva da colleita deste ano en condicións normais de mercado. Estes empréstitos están garantidos no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Medio Rural activa unha liña de 37,5 millóns de euros de créditos garantidos pola Xunta. A garantía acada os seis millóns de euros para cubrir posibles impagos e ademais resérvanse outros seis millóns con vistas a renovar o instrumento o vindeiro ano, que poderán activar outros 37,5 millóns de préstamos garantidos para o ano 2021, no caso de que se sexa preciso debido á situación da Covid-19.

Poderán beneficiarse do préstamo vendima as pemes agroalimentarias que sexan titulares de bodegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas e que -previo informe favorable da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (Saeca)- obteñan o recoñecemento do dereito ao empréstito por parte da Consellería de Medio Rural e, posteriormente, o formalicen.

Os préstamos deben destinarse á adquisición de uva na campaña 2020, así como, no caso de procesado de uvas de produción propia, a financiar o capital circulante de explotación, todo iso co obxecto de elaborar viño acollido a denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas. En calquera caso, o importe total por beneficiario non poderá superar o importe de 200.000 euros. 

Os interesados e interesadas poderán presentar a súa solicitude de recoñecemento do dereito ao préstamo a través das entidades financeiras colaboradoras. Deben dirixila ao Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria da delegación territorial da Consellería de Medio Rural onde se sitúe a súa industria.

Comunicación aos interesados

A Consellería do Medio Rural está a remitir unha comunicación aos interesados e interesadas nesta medida, fundamentalmente ás adegas, para dala a coñecer polo miúdo e para animalos a incorporarse canto antes á iniciativa. Na misiva explícanse as súas características técnicas e lémbrase que o prazo de solicitude remata o vindeiro 21 de decembro. As peticións resolveranse por orde de entrada ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...