HomesociedadeTomé agradece que as demandas de Monforte foran atendidas e se remate...

Tomé agradece que as demandas de Monforte foran atendidas e se remate co confinamento

"Era moi necesario e urxente", afirma o alcalde tras subliñar que "os datos non eran suficientes para manter o peche perimetral e o cerre da hostalería". "Alegrámonos sobre todo polos hostaleiros, que van poder volver abrir", apuntou finalmente José Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O comité clínico aseguraba este mércores, 25 de novembro, que os datos epidemiolóxicos dos últimos días no concello de Monforte eran bos e a tasa de incidencia acumulada de 14 días está por debaixo dos 100. Estes resultados no concello monfortino levan ao comité clínico a insistir en que “cando todo o mundo aporta e se seguen as medidas conséguense resultados e redúcense os contaxios.”

Pola súa banda, o alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, manifestou a súa satisfacción pola decisión do comité clínico para a xestión da pandemia en Galicia de levantar o grao máximo de restricións neste municipio.

Despois de coñecerse a decisión da Consellería de Sanidade, Tomé sinalou que a relaxación das medidas restritivas era unha demanda que solicitaba o concello desde hai días pola evolución epidemiolóxica na localidade. “Era moi necesario e urxente”, afirma o alcalde tras subliñar que “os datos non eran suficientes para manter o peche perimetral e o cerre da hostalería”. “Alegrámonos sobre todo polos hostaleiros, que van poder volver abrir”, apuntou finalmente José Tomé.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...