HomesociedadeO Hospital de Monforte segue con catro pacientes de Covid mentres que...

O Hospital de Monforte segue con catro pacientes de Covid mentres que os casos repuntan na provincia

A área de Lugo confirma 61 novos casos, case o dobre dos positivos detectados o día anterior.

Publicado o

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo é a única de Galicia na que repunta o total de casos activos de coronavirus , segundo o reconto ofrecido este sábado 28 de novembro polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Son 1.065, cinco máis ca os rexistrados onte. Ademais, tamén volven subir os novos positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas: detectáronse 61 contaxios, case o dobre dos 31 contabilizados na xornada anterior.

Namentres, mantense invariable a cifra de persoas hospitalizadas (36) e redúcese a presión na UCI do HULA, que pasa de seis pacientes a só catro. O Hospital Universitario Lucus Augusti tamén atende 23 doentes en planta; o da Mariña, 5; e o de Monforte, 4.

Podes ler a información completa no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...