HomesociedadeQuen debe asumir a conservación da N-120a en Monforte?

Quen debe asumir a conservación da N-120a en Monforte?

O concello inicio o procedemento de reposición da legalidade da N-120a, que será levado ó Pleno da Corporación Municipal este luns, 30 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta que se levará a Pleno será para iniciar o procedemento de revisión de oficio de acto nulo do convenio subscrito en 2009 entre o Ministerio de Fomento e o Concello para a transferencia da titularidade da estrada N-120a e da conexión entre a N-120a e a nova N-120.

Aquel convenio asinouse no concello de Monforte o 17 de outubro do ano 2009 no que se asumía a cesión da estrada N-120a por parte do Concello e tamén se asumía a Ronda Urbana que aínda está sen construír. José Tomé asegura que “Feitas as consultas xurídicas sobre a validez deste convenio, todo parece indicar que foi un acto nulo este convenio subscrito entre o Ministerio e o Concello. No Pleno do vindeiro luns iniciaremos o procedemento de revisión de oficio do citado acto nulo”

O Alcalde, na súa comparecencia indicou que “son varios os motivos que nos levan a esta revisión, e a intentar repoñer a legalidade neste asunto, dado que a maior parte da N-120a, non pertence ó casco urbano e polo tanto, non lle debe corresponder ó Concello de Monforte os custes de mantemento igual que non lle corresponde ó resto de Concellos polos que pasa o mantemento da citada estrada”.

Sinala Tomé que a obra tampouco foi concluída na súa totalidade, e que fixera as correspondentes xestións sendo el deputado autonómico. Tomé Roca incidiu en que “o problema de todo isto é que o que se di no convenio é falso. A maior parte desa estrada que corresponde ó termo municipal de Monforte non é urbana, salvo que consideremos urbanos os invernadoiros de Piñeira e unhas casas de Distriz que están ubicadas ó longo da mesma. Así mesmo, o tramo de conexión entre a N-120a, e a nova N-120, é unha vía que non existe, polo tanto non se pode ceder algo que non hai nin sequera neste momento contratado.” 

Proposta ó Pleno e pasos a seguir

No sesión ordinaria da Corporación Municipal de Monforte que se celebrará o 30 de novembro, o Pleno pronunciarase sobre a proposta da Alcaldía baseada nun informe da Secretaría Xeral do Concello, onde establece os seguir para este procedemento de revisión de oficio de acto nulo, como foi a sinatura do Convenio entre o Ministerio e o Concello:

  • Iniciar procedemento para a revisión de oficio acordado polo Pleno.
  • Notificar o inicio do procedemento ós interesados para que no prazo de 15 días poidan presentar alegacións.
  • Dar traslado do expediente, unha vez rematado o trámite de Audiencia, ós servizos municipais para que informen no seu caso sobre as alegacións que se puideran presentar.
  • Remitir o expediente á Secretaría tras o informe técnico para que emita o correspondente informe relativo á proposta de resolución que proceda.
  • Elevar a proposta a Pleno que de ser aprobado, solicitará dictamen do Consello Consultivo de Galicia, adxuntando a proposta de resolución.
  • Recibido o dictamen do Consello Consultivo, dado o carácter preceptivo do mesmo, e elevalo a Pleno para adoptar o acordo definitivo.
  • O acordo do Pleno será notificado ós interesados para a tramitación que corresponda.

“A única pretensión que queremos é repoñer a legalidade e que o Concello de Monforte non teña que soportar cargas que non lle corresponden” conclúe o Alcalde.

ÚLTIMAS

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...