HomeMedio ambiente e PatrimonioMontefurado forma parte dun conxunto mineiro moito máis amplo, confirma un estudo

Montefurado forma parte dun conxunto mineiro moito máis amplo, confirma un estudo

A Xunta de Galicia e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) veñen de concluír o estudo multidisciplinar do túnel de Montefurado, en Quiroga, que permitiu afondar no coñecemento dunha das obras máis representativas da minería do ouro romana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O estudo impulsado polo Goberno galego mediante unha achega de 40.000 euros, enmárcase nunha actuación máis ampla dividida en dous grandes bloques: estabilidade estrutural e valor histórico-arqueolóxico. O primeiro dos bloques foi executado polo Instituto Geológico Minero de España e a empresa Terrae Geoconsulting S.L.

O segundo levouse a cabo baixo a dirección de Brais X. Currás e F. Javier Sánchez-Palencia, investigadores do Instituto de Historia do CSIC e membros do grupo de investigación Estrutura Social e Territorio-Arqueoloxía da Paisaxe ( EST-AP), que conta cunha longa traxectoria no estudo e posta en valor das paisaxes mineiras da Antigüedad. Contouse tamén con Javier Fernández Lozano, xeólogo da Escola de Minas da Universidade de León.

Un dos principais resultados desta investigación que se alongou durante máis dun ano é que o túnel non é unha realidade illada, senón que forma parte dun conxunto mineiro moito máis amplo. “Durante os dous séculos que durou aproximadamente o desenvolvemento da minería do ouro no noroeste da Península Ibérica, tras a conquista levada a cabo por Augusto, todo o tramo medio do río Sil foi intensamente explotado”, explican os investigadores. Proba disto, engaden, é que as marxes do río aparecen balizadas por decenas de labores mineiras. 

Medios

Para documentar estes restos, empregáronse medios de teledetección como a fotografía aérea histórica, voos de dron ou o uso da tecnoloxía LiDAR, que permiten obter un modelo do terreo de alta precisión. Ademais, durante os traballos tamén se conseguiu documentar a rede hidráulica que abastecía de auga ás frontes mineiras, así como identificar con detalle, en colaboración co arqueólogo Santiago Ferrer, o trazado da rede hidráulica que derivaba o río Xares ata as minas situadas xunto ao Montefurado. Tamén se constatou a existencia doutra canle, peor conservada, que levaba as augas do Regueiro de San Martiño, situado nas inmediacións de Seadur.

Os traballos complétanse cun estudo documental coa historia do túnel que vai desde as primeiras referencias dos anticuarios humanistas, como Bartolomeu Sagrario de Molina, ata o intento do seu reaproveitamiento con fins mineiros durante o primeiro cuarto do século XX. 

Túnel romano de Montefurado “Boca do Monte. Fonte: Xosé Manuel

ÚLTIMAS

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...