HomesociedadeActividades formativas gratuítas en Sober para traballadores e desempregados

Actividades formativas gratuítas en Sober para traballadores e desempregados

Este mes de decembro hai 38 cursos a disposición das persoas interesadas, aos que seguirán novas propostas nos meses sucesivos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, vén de asinar un convenio de colaboración con Foro de Formación y Ediciones S.L. para a difusión de actividades formativas dirixidas a traballadores ocupados, parados, autónomos ou en situación de ERTE. Este mes de decembro hai 38 cursos a disposición das persoas interesadas, aos que seguirán novas propostas nos meses sucesivos.

O Goberno local subscribe este acordo co propósito de mellorar as competencias profesionais e a inserción laboral dos veciños e veciñas a través da realización de actividades formativas online de carácter gratuíto enmarcadas no ámbito da formación profesional para o emprego.

O Concello de Sober comprométese a divulgar e publicitar as accións formativas pactadas co Centro de Formación entre os colectivos de traballadores que cumpran cos requisitos de matriculación. O Centro é o encargado de impartir as actividades, de carácter subvencionado, e de expedir os correspondentes diplomas.

Os cursos que se ofertan este mes de decembro pódense consultar na web https://www.forodeformacion.org/cursos-gratuitos/ . Os sectores sobre os que xira a formación teñen que ver coa agricultura e gandería, sector de industrias de alimentación e bebidas, sector da construción, de servizos medioambientais, sociosanitarios ou relacionados coas novas tecnoloxías, entre outros. Teñen unha duración de entre 20 e 210 horas, en función do curso.

Os alumnos recibirán un título homologado pola FUNDAE que acredita a superación do curso e o número de horas que realizaron. A acción formativa será supervisada polo  SEPE, o que avala a garantía e o rigor do ensino que cursarán os alumnos e alumnas rexistrados.

Inscrición

As persoas interesadas en anotarse nos cursos deberán chamar ao Concello de Sober (982  46 00 01) en horario de 09:00 a 14:00 horas. A orientadora laboral do Concello está a disposición das persoas interesadas en anotarse para axudarlles cos trámites. Para aquelas persoas que non teñan acceso a Internet o Goberno local pon á súa disposición a aula de informática con conexión gratuíta.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...